Cargando resultados...
Os veciños do barrio coruñés do Orzán pídenlle ao concello medidas contra o ruído e as liortas nocturnas
Os veciños do barrio coruñés do Orzán pídenlle ao concello medidas contra o ruído e as liortas nocturnas
Os responsables municipais reciben a plataforma veciña tras da chamada da Valedora do Pobo
G24.gal
13/05/2022 15:01
Os veciños do Orzán pídenlle ao Concello da Coruña máis medidas na súa loita contra o ruído nocturno e as liortas neste barrio da cidade. Os responsables municipais recibiron no Concello os representantes veciñais despois de que a Valedora do Pobo apercibira a alcaldesa, Inés Rey, pola falta de resposta ás demandas dos veciños.
O Concello comprométese a aumentar a vixilancia policial na zona, pero os veciños din que non é dabondo e reclaman medidas legais.