Os veciños do Orzán, desesperados polos ruído e a inseguridade nocturna
O último vídeo dun mozo subido á repisa dun portal indigna a veciñanza
Piden maior vixilancia policial na zona de ocio nocturno
Na rúa Socorro do Orzán os veciños instalan fiestras novas para illarse do ruído. Neste barrio, ata as persianas dos locais piden silencio porque, tal e como denuncian os veciños, aquí non hai quen durma.
"Onte foi tremendo, espertas e non sabes que facer, a policía ás veces non pode vir""Como vou descansar? Son todo gritos e pelexas". "Os veciños protestan pero ninguén fai nada", explica a xente na rúa,
Para mostra, os numerosos vídeos que gravan desvelados desde as súas casas. O último tenos especialmente preocupados, nel un mozo sobe á repisa deste edificio animado polo balbordo. "Igual que subiu á repisa pode entrar na fiestra da veciña, ela quedou abraiada".
Inseguridade, pintadas, liortas, venda de drogas... os veciños piden un reforzo policial nocturno e máis civismo aos que lles impiden descansar."Sen educación e respecto non hai solución, perdemos o norte""O único que podemos facer é marchar de aquí, e os pisos desvalorizáronse, perdes moitos cartos se vendes", din.
Séntense indefensos e piden solucións ante unha situación que, segundo contan, se repite practicamente todas as noites da semana.