Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños do centro de Vilagarcía denuncian insultos, ameazas e venda de drogas

Veciños do centro de Vilagarcía denuncian insultos, ameazas e venda de drogas

Aseguran que hai liortas e venda de drogas a diario na contorna dunha vivenda

Persoas maiores din que teñen medo a saír da casa e os menores chaman a seus pais cando pasan por diante da casa, como medida preventiva

Os veciños din que a orixe de todo está nesta casa ocupada ilegalmente
G24.gal 19/12/2022 13:47

Unha nova liorta volve poñer de actualidade as denuncias dos veciños do barrio dos Duráns en Vilagarcía, a escasos cen metros do concello e da Policía Local.

Alí din que están fartos de convivir con ameazas e insultos que teñen a súa orixe nun grupo de persoas que viven de xeito ilegal nunha vivenda onde vende a pequena escala e consomen drogas.

Todo aconteceu cando unha persoa, comezou a bater porta de madeira da casa. A súa intención era de que lle deixasen acceder ao interior, algo ao que se negaban as persoas de dentro.

Tras varios golpes e patadas, que case tiran abaixo a vella porta, outra persoa saíu do interior da vivenda para dirixirse de xeito violento ao que pretendía entrar. A discusión alcanzou un elevado ton de voz que alertou aos veciños, dado que estaban moi preto de chegar ás mans.

A chamada á Policía Local disuadiu a persoa que pretendía acceder ao interior da casa en estado ruinoso. O suxeito alegou que estaba a golpear a porta porque non tiña móbil para chamar, pero o mesmo estado que presentaba co engadido do lugar ao que pretendía entrar, evidenciaba a razón da lea.

Un momento de tensión que se suma aos que viven a diario os veciños do lugar, moitos deles medorentos de saír ou volver ás súas casas cos seus fillos en determinados momentos do día, quéixanse. 

"Teño dous fillos e miña avoa vive aquí ao lado e ten medo a saír da casa. Hai unha serie de persoas que viven aquí e despois hai outras moitas que veñen, e polo xeito de relacionarse cremos que hai un centro de venda de substancias estupefacientes".

"Temos liortas, trapicheo, tiran a feces e mexo con caldeiros a rúa, a calquera hora do día".

Axentes da Policía Local de Vilagarcía detiveron este veciño da localidade por provocar altercados na vía pública. Ao parecer sobre o arrestado pesa unha orde de afastamento do centro urbano da vila.

Despois da detención e debido ao seu estado alterado home tivo que ser trasladado ao Hospital do Salnés. Foi alí onde volveu causar disturbios ao enfrontarse aos axentes que o detiveran.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade