Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os veciños de Monforte reclaman o repintado dos pasos de peóns

Os veciños de Monforte reclaman o repintado dos pasos de peóns

A situación é especialmente complicada no centro da vila, onde se acumula máis tráfico

G24.gal 11/04/2022 14:20

Moitos pasos de peóns de Monforte de Lemos urxen un repintado. Moitos deles apenas conservan algunha das súas liñas, dificultando cruzar con seguridade. A situación é especialmente complicada no centro da vila, onde se acumula máis tráfico. 

Moitos veciños xa levaron algún susto á hora de cruzar a rúa e á falta de mantemento dos pasos de peóns súmase que moitos deles carecen de sinalización vertical. Cruzar é especialmente complicado cando tampouco hai semáforos que regulen o tráfico, por iso os veciños reclaman melloras que contribúan á seguridade de todos. 

A Policía Local realizou un informe sobre o estado dos pasos de peóns que está agora en mans do Concello.

Publicidade
Publicidade
Publicidade