Cargando resultados...
Os veciños da praza de Portugal de Vigo, contra o vandalismo
Estragos e pintadas na ponte de Defuntos
02/11/2021 14:34
A ponte de Defuntos foi especialmente intensa na praza de Portugal. O 'botellón' rematou con máis pintadas e estragos ca nunca, e iso que xa están afeitos ao vandalismo.
Unha vez máis, e xa perderon a conta, teñen que arranxar a fachada. Levan anos sufrindo o vandalismo, e só tiveron paz os meses do confinamento. Tamén as escaleiras mecánicas para acceder á praza son obxecto dos estragos e este edificio declarado Ben de Interese Cultural.
Os veciños xa constituíron unha asociación, que coa pandemia non puideron poñer en marcha. O que piden é un maior control policial do botellón que se concentra nesta praza, pero tamén na da Estrela e en Montero Ríos.