Os usuarios do autobús urbano en Vigo sofren unha nova xornada de paros no servizo
Os usuarios do autobús urbano en Vigo sofren unha nova xornada de paros no servizo
Non hai avances na negociación do convenio colectivo, polo que os traballadores retoman os paros parciais para presionar a empresa
Hoxe os paros afectaron de novo centos de usuarios, especialmente o que comezou ás sete da mañá
Os usuarios chegan con antelación ás paradas para poder coller un autobús antes de que comecen os paros.
Tras as tres xornadas de folga do mes pasado e os paros parciais de meses anteriores, o conflito entre os traballadores e a empresa continúa atascado, e os cidadáns seguen a sufrir as consecuencias.
Polo momento hai paros convocados para os próximos días 9, 12, 16, 19 e 21 deste mes, e o transporte do autobús urbano en Vigo suma xa case oito meses nesta situación.
A empresa concesionaria está á espera de que o Concello aumente a cuantía que lle paga para reequilibrar as contas e así negociar cos traballadores.