Vías vellas e falla de ERTMS, as causas principais dos atrasos en Renfe
A empresa anunciou un plan de mellora da puntualidade en Galicia
As queixas polos atrasos do tren en Galicia fixeron reaccionar a Renfe, que anunciou nos últimos días un plan de mellora da puntualidade en Galicia. Un dos traxectos máis afectados polas demoras é o que une as cidades da Coruña e Vigo.
Segundo o voceiro ferroviario do sindicato CXT en Galicia, Juan Francisco Sánchez, o mal estado da rede viaria, xa envellecida, é un dos causantes principais do problema. Tamén a falla de implementación do sistema de seguridade ERTMS, que permite circular a máis velocidade.
Recuperar as oito circulacións diarias entre Vigo e Pontevedra e as seis entre Santiago e Vilagarcía de Arousa que se suspenderon en pandemia é outro dos retos do sector ferroviario galego.