Publicador de contidos

Publicador de contidos

O regulamento dos usos da intelixencia artificial a debate

O regulamento dos usos da intelixencia artificial a debate

Carmen García Mateo, catedrática da Uvigo, sinala a necesidade dunha regulación ética 

Salienta que agora está nas mans das grandes tecnolóxicas e responde aos seus intereses

Imaxe do proxecto 'AI: More than Human' en Afundación da Coruña
G24.gal 16/04/2023 14:21 Última actualización 16/04/2023 14:45

O debate sobre a necesidade da intelixencia artificial e de que estea ao servizo das persoas avanza a medida que as aplicacións que usan esta tecnoloxía se popularizan.

Xera tanta expectación coma interrogantes á hora de ver que usos se lle dará ou como se verificará a información que nos dan as máquinas.

"Nestes últimos dous anos apareceron ao servizo público determinadas ferramentas que levantaron moitas suspicacias como pode ser o chat GPT e o uso que se lle pode dar a ferramentas coma este chat", asegura Carmen García Mateo, enxeñeira de telecomunicacións e catedrática da Universidade de Vigo.

O control das aplicacións principais por parte das grandes tecnolóxicas é outro dos problemas que constata García Mateo, porque estas ferramentas non están á disposición da maioría. 

"Están adestradas con moitísimos datos, teñen billóns de parámetros, co cal son necesarios centros de computación extremadamente potentes. Isto fai que esta tecnoloxía non estea accesible para desenvolvela a calquera empresa, corporación. Co cal un dos desafíos é como as Administracións públicas interveñen tanto na regulación coma na potenciación para que estas tecnoloxías poidan chegar ao tecido empresarial".

Preocupa a gran velocidade á que se está desenvolvendo esta tecnoloxía e tamén a demanda enerxética que teñen as máquinas que procesan toda a información. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade