Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os tres sobreviventes do naufraxio, rumbo a Galicia

Os tres sobreviventes do naufraxio, rumbo a Galicia

No avión viaxan tamén os corpos de 5 dos falecidos

Pedro Sánchez reunirase coas familias da tripulación antes da chegada do avión cos repatriados

Embarque dos tres sobreviventes no avión do Exército en Terra Nova
G24.gal 21/02/2022 18:27

Os tres sobreviventes do naufraxio do Villa de Pitanxo xa están abordo do avión do Exército de España que os trae de volta a Galicia. 

No avión ademais dos tres sobreviventes, Juan Padín, o seu sobriño Eduardo Rial e máis o ghanés Samuel Kwesi, veñen os corpos de 5 dos nove falecidos.

O A-400 engalou  de Terra Nova pasadas as sete e media da tarde, hora galega.  A hora prevista de chegada ao aeródromo militar de Santiago é  pasadas as doce da noite.

O avión será recibido polo presidente da Xunta,  polo presidente do Goberno e mais polo ministro de Agricultura e Pesca. Pedro Sánchez reunirase antes da chegada do avión, contra as 23.30 segundo informa Moncloa, cos familiares da tripulación do Villa de Pitanxo.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade