Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os tres detidos en Vilagarcía e Pontevedra gardaban a droga nun piso de seguridade

Os tres detidos en Vilagarcía e Pontevedra gardaban a droga nun piso de seguridade

O Xulgado de Instrución nº2 de Pontevedra decretou prisión provisional sen fianza para un dos detidos; os outros dous quedan en liberdade coa obriga de comparecer cada 15 días

Comisaron 23 quilos de cocaína, 3.500 euros en efectivo, unha máquina para contar cartos e utensilios para o envasado e distribución da droga

G24.gal 15/05/2025 13:06

A Udyco de Vigo da Policía Nacional e o Servizo de Vixilancia Aduaneira interviñeron 23 quilos de cocaína e detiveron tres persoas en Vilagarcía de Arousa e Pontevedra que usaban vehículos con caletas para o tráfico de substancias estupefacientes.

Segundo informou a Policía Nacional, o pasado martes os axentes fixeron tres rexistros, un deles no piso de seguridade que a organización tiña en Vilagarcía de Arousa para ocultar estupefacientes.

Alí incautáronse de 20 quilos de cocaína, unha máquina para contar billetes, útiles para o envasado e distribución da droga, dous vehículos que a organización empregaba nos seus desprazamentos e 3.500 euros en efectivo.

Os axentes descubriron que o principal investigado e a súa parella desprazáranse ata o municipio coruñés de Bergondo, onde ían entregar unha partida de cocaína. Interceptaron o vehículo e localizaron, nun compartimento oculto, tres quilos de cocaína. As dúas persoas implicadas foron detidas.

Despois, arrestaron unha terceira persoa, un veciño de Pontevedra con antecedentes deste tipo e que estaba nun chanzo superior na organización criminal.

Un dos detidos, a prisión

A xuíza do Xulgado de Instrución nº2 de Pontevedra decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, dun dos detidos. As outras dúas persoas que pasaron este xoves a disposición xudicial -un home e unha muller- foron postas en liberdade.

Como medidas cautelares, se lles impuxo a obriga de comparecer cada 15 días no xulgado, a retirada do pasaporte e a prohibición de abandonar o territorio nacional. Todos están investigados por un delito de tráfico de drogas que causan grave dano á saúde e por un delito de branqueo de capitais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade