Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres detidos no operativo antidroga con rexistros en Vilagarcía e Pontevedra

Tres detidos no operativo antidroga con rexistros en Vilagarcía e Pontevedra

A Policía interveu dous quilos de cocaína no interior dun vehículo e realizou tres rexistros

Os detidos serían distribuidores a mediana escala que trasladaban a droga dende as Rías Baixas para surtir o tráfico miúdo na Coruña

Segundo golpe aos narcos nunha semana, sen que conste relación entre ambas operacións

G24.gal 14/05/2025 11:13

Axentes da Unidade de Droga e Crime Organizado (Udyco) da Policía Nacional detivo tres persoas no marco da denominada operación Patrón contra o narcotráfico que transcendía este martes na zona de Vilagarcía de Arousa e Pontevedra.

En declaracións aos medios, o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, asegurou que o operativo se iniciou hai dous días ao interceptar un vehículo que transportaba droga na provincia da Coruña.

Deste xeito iniciouse unha investigación policial coordinada entre a Udyco e Vixilancia Aduaneira e realizáronse tres rexistros en domicilios de Vilagarcía de Arousa e de Pontevedra, onde foron interceptadas "certas cantidades de droga, diñeiro e efectos relacionados" co tráfico de drogas.

Ademais, o subdelegado do Goberno apuntou que a actuación continúa declarada secreta, polo que non deu máis detalles do operativo en marcha.

Dúas persoas foron detidas en Vilagarcía. Son unha parella que vive nun piso familiar de alugueiro social no Piñeiriño. O forte dispositivo policial durou horas. Os primeiros axentes chegaron á hora do xantar e marcharon cando xa empezaba a anoitecer. 

"Levaban pistolas atrás, con moito armamento. Eu asusteime un pouco... levaban a cara tapada", conta unha veciña

"Tres furgóns de policía, coches da Secreta, policías co pasamontañas, policías nacionais coa cara descuberta..., e pasadas as nove da noite subiron tres policías cun can para riba, para os rochos. Fixeron rexistros no piso porque os vin na terraza e nos rochos e vinos saír con cousas", engade outra residente.

Tamén rexistraron con cans o coche, que hoxe segue aparcado diante do edificio. Sábese que localizaron polo menos dous quilos de cocaína no interior.

Algún dos detidos ten antecedentes por narcotráfico, pero, en contra do que se dixo nun primeiro momento, non sería un dos históricos da comarca, senón intermediarios a mediana escala. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade