Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os tractoristas cortan por segundo día a A-52 en Xinzo e esixen reunírense co Ministerio

Os tractoristas cortan por segundo día a A-52 en Xinzo e esixen reunírense co Ministerio

Arredor dun cento de agricultores e gandeiros participan nas protestas contra o acordo do Mercosur

"Botaremos aquí os días que fagan falta porque estamos fartos de que se nos diga a todo que si, e ninguén faga nada", aseguran

 

directo EFE/Brais Lorenzo
G24.gal 30/01/2026 11:24

A A-52 ao seu paso por Xinzo de Limia (Ourense), permanece cortada este venres durante a segunda xornada de tractorada na provincia, despois de que gandeiros e agricultores mobilizasen máis de 100 tractores desde distintos municipios este pasado xoves.

Tal e como informou a Subdelegación do Goberno en Ourense, os tractoristas continúan cortando a vía en ambos os sentidos, ao redor do quilómetro 190.500. En concreto, trátase da segunda vez que os manifestantes bloquearon esta autovía, despois de que a principios de xaneiro desprazasen os seus tractores ao quilómetro 188.200 -saída de Ababides para o sentido O Porriño-.

Agora, gandeiros e agricultores levan máis dun mes de protestas en Ourense e trasladaron os seus tractores desde o polígono industrial de San Cibrao das Viñas ata a autovía co obxectivo de lograr manter unha reunión con algún alto cargo do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

"Botaremos aquí os días que fagan falta porque estamos fartos de que se nos diga a todo que si, e ninguén faga nada. Levamos un mes e unha semana de protestas xa", sinalou Óscar Joga, un dos portavoces da tractorada, consultado por Europa Press, que lamentou que protestantes están "fartos" de trasladar "as mesmas demandas" e que "non atendan a ningunha".

"Que nos pasen con quen realmente dependa algo, estamos un pouco fartos xa", engadiu. Segundo sinalaba tamén Miguel Gómez, gandeiro de Maceda e outro dos portavoces, entre as principais demandas do sector atópanse a vacinación "urxente" contra a dermatose nodular, o cumprimento da Lei de cadea alimentaria, e a negativa contra o acordo europeo con Mercosur.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade