Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os traballadores queren saber que aconteceu na planta de Meicende

Os traballadores queren saber que aconteceu na planta de Meicende

Os traballadores meten presión para que se investigue a fondo o accidente mortal

Os traballadores nas portas da refinería de Repsol na Coruña
G24.gal 01/04/2022 12:31

Os traballadores piden que se investigue a fondo. Queren saber que foi o que acabou coa vida dun compañeiro dunha empresa auxiliar que estaba a traballar na refinería de Repsol da Coruña. Outro traballador que o acompañaba segue grave no hospital. 

"Mentres a investigación non conclúa, ninguén sabe o que aconteceu nese accidente. Non sabemos que foi un fallo en cadea, un fallo dun sistema, dun protocolo. Como non sabemos que medidas tomar o que esiximos a Repsol que reforzara os medios humanos e materiais para ter seguridade a hora de traballar".

O accidente en que Unai, de 35 anos, morreu foi por un escape "controlado e illado", segundo informou o 112. O falecido e outro operario facían traballos de mantemento nunhas tubaxes da planta de Meicende cando inhalaron, "restos de gas residual". Segundo un traballador que se atopaba a poucos metros, podería ser ácido sulfhídrico. O compañeiro recuperouse case ao instante, pero Unai tivo que ser reanimado e estabilizado na refinería antes de levalo en ambulancia medicalizada ao hospital, onde faleceu.

"Necesitamos saber o que aconteceu para poder tomar medidas. Repsol ten a vontade de informarnos o día catro ou o cinco cando conclúa a comisión de investigación".

Hoxe é a cuarta xornada de protesta. Os traballadores das empresas auxiliares que traballan na refinería da Coruña decidiron manter o paro de maneira indefinida. Esta mañá fixeron unha manifestación que foi dende a refinería ata a Delegación do Goberno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade