Cargando resultados...
Os traballadores de Hiperxel mobilízanse en defensa dos seus postos de traballo
Reclaman o pagamento dos salarios e medidas que eviten a creba da empresa

G24.gal
22/11/2022 14:46
Os traballadores da cadea de conxelados Hiperxel da provincia da Coruña manifestáronse esta mañá diante da sede da compañía en Vigo. Reclaman o pagamento das nóminas que lles deben desde hai tres meses e un plan que poida evitar a creba da empresa.
Hiperxel ten 320 empregados en Galicia, pero tan só os da provincia da Coruña están en folga.