Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os traballadores avalían o preacordo no sector conserveiro

Os traballadores avalían o preacordo no sector conserveiro

Os sindicatos falan dunha suba salarial do 11% en catro anos

A patronal destaca a estabilidade que achega o acordo

G24.gal 18/02/2022 14:28

Os sindicatos UXT e CIG, que contan con 9 dos 13 representantes na mesa de negociación, están xa presentando aos traballadores as condicións do preacordo. Podería acabar coas mobilizacións e folgas dos últimos meses no sector conserveiro no marco da negociación dun novo convenio.  Din que consegue unha suba salarial que chega ao 11% en catro anos e que ademais tenta avanzar na eliminación da fenda salarial nas categorías máis feminizadas.


Comisións Obreiras non acepta este preacordo e manterá as súas mobilizacións, mentres que dende a patronal Afaco destacan que de saír adiante, o novo convenio permitirá dar estabilidade ao sector e un marco legal de futuro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade