Os termómetros volven rexistrar valores negativos nunha noite moi fría
O interior de Galicia volveu espertar baixo cero, pero con xeadas menos intensas
O interior de Galicia volveu amencer este domingo con temperaturas xélidas aínda que non foron tan intensas nin xeneralizadas como as do sábado.
Foi o concello ourensán de Xinzo o que marcou o valor máis baixo con case menos tres graos. Na mesma provincia e con 2,3º negativos, Verín tamén se situou na listaxe dos cinco municipios máis fríos, segundo os datos facilitados por MeteoGalicia.
Na provincia de Pontevedra rexistraron valores moi similares no concello de Lalín.
E xa na provincia de Lugo nas localidades de Monforte, con menos 2,6º e Portomarín con menos 2,1º, volveron tremer, unha noite máis, de frío.
Para o resto da xornada a predición é de tempo seco e solleiro, con pouco vento e temperaturas que remontarán ata rozar ou mesmo superar os 15 ºC. Precisamente, nas cidades de Vigo e Pontevedra prevense máximas de ata 16 ºC.