Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os invernos de agora e os de antes

Os invernos de agora e os de antes

É algo que se escoita con frecuencia: agora non neva tanto ou as xeadas de hoxe en día non son coma as de antes

Pero este inverno os termómetros xa baixaron varias veces de cero no interior de Galicia, e en Trevinca e Manzaneda rozaron os menos dez na véspera da noite de Reis

G24.gal 08/01/2026 14:39

O pasado 30 de decembro, os termómetros rexistraron catro graos baixo cero en Xinzo. Unha friaxe alimentada polo vento da serra nevada de San Mamede. Así e todo, a impresión xeneralizada é que os invernos non son agora tan fríos coma os de antes.

"Antes a estación do inverno duraba o que tiña que durar: viña o frío, a neve, chovía o que tiña que chove.". "Cando eu tiña oito anos había xeadas, botaba o mes chovendo". "Había nevaradas. De pequenos, que ilusión", comentan varios veciños do Carballiño.

Inflúen na percepción os cambios nas condicións de vida.

"Pasábase moito peor antes. As rúas cheas de fochancas, enterrábase un", confirma unha muller.

E a sensibilidade de cadaquén.

"Para min este inverno foi frío, como eu teño frío", di outra.

A mínima do que levamos de inverno foi na véspera dos Reis, nove graos baixo cero en Trevinca e menos dez en Manzaneda. Se nos remontamos máis atrás, atopamos -14,4 en Calvos de Randín, en decembro de 2007. Na estación do Carballiño a mínima rexistrouse hai 25 anos. "En 2001, de -12 graos centígrados", di Miguel Ángel García, recolle datos para Aemet.

Miguel Ángel García, profesor de Física xubilado, leva máis de corenta anos recollendo día a día os datos meteorolóxicos no Carballiño. Eses datos confirman que as temperaturas medias subiron, tanto as máximas, co verán máis cálido da serie histórica o ano pasado, e tamén as mínimas.

"Hai un ascenso nas medias máximas de 2,2 ou 2,3 graos centígrados. E un ascenso algo menor nas medias mínimas", explica.

Tamén observou que as precipitacións aumentaron, lixeiramente, e cruza esas observacións coa floración de xestas e mimosas ou coa migración das aves.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade