Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os sindicatos maioritarios asinan o acordo co Ministerio que desconvoca a folga de trens

Os sindicatos maioritarios asinan o acordo co Ministerio que desconvoca a folga de trens

Os sindicatos cualificárono de "histórico", e explicitaron que o acordo inclúe melloras en investimento, mantemento e persoal

Os minoritarios CXT e Sindicato Ferroviario manteñen a folga

Atrasos e traxectos por estrada na folga do sector ferroviario en Galicia

Pasaxeiros agardan na estación de trens de Vigo Urzaiz (EFE/Salvador Sas)
G24.gal 09/02/2026 15:54 Última actualización 09/02/2026 20:58

O ministro de Transportes, Óscar Puente, asinou este luns xunto a CCOO, UXT e o sindicato de maquinistas, Semaf, o acordo para desconvocar a folga do ferrocarril, que conta cunha serie de melloras na seguridade da rede viaria e as condicións dos traballadores do sector.

Non todos os sindicatos se sumaron á desconvocatoria aínda. Ademais de Semaf (maquinistas), CCOO e UXT, que suman entre os tres máis do 80 % de representatividade do sector, outros sindicatos como CXT, SF-Intersindical e Alferro tamén convocaron folga.

CXT e Sindicato Ferroviario, manteñen a folga

Os sindicatos CXT e Sindicato Ferroviario, ambos minoritarios no sector, decidiron manter a folga deste martes e mércores, a pesar do acordo alcanzado por CCOO, UXT e o sindicato de maquinistas Semaf co Ministerio de Transportes.

CXT e SF non estiveron presentes nas distintas reunións que os sindicatos maioritarios si mantiveron con Transportes. Nesa mesma situación atópase Alferro, que aínda non tomou a decisión de se desconvoca, ou non, a folga.

As claves do acordo

O acordo alcanzado polo Ministerio de Transportes e os sindicatos maioritarios CCOO, UXT e o dos maquinistas contén dez follas e contempla un novo convenio de financiamento para o Adif e para o Adif Alta Velocidade para o quinquenio 2026-2030, ademais de contar cunhas 2.400 novas prazas no Adif e 1.200 para Renfe nos próximos anos.

O pacto tamén inclúe un investimento de mantemento no Adif de 5.266 millóns de euros e de 2.887 millóns no Adif Alta Velocidade entre 2026 e 2030.

Estes son os puntos máis importantes, segundo se desprende dese documento:

- Tramitar un novo convenio de financiamento para o Adif 2026-2030, cun gasto en mantemento este 2026 de 861 millóns de euros e para 2030, 1.179 millóns, case 200 máis que os 982 previstos.

 -O novo convenio de financiamento para o  Adif AV/AV 2026-2030, recollerá un crecemento significativo do gasto en mantemento, compatible co logro do seu equilibrio económico financeiro, que se incrementará nun 44 % entre os anos 2025 e 2030.

-Tamén para o ano 2026, terá un investimento de mantemento na alta velocidade de 513 millóns mentres que para 2030 serán 629 millóns, 55 máis que os 577 millóns recollidos no plan actual.

- Tramitar unha taxa de reposición específica de 2.400 prazas adicionais á taxa ordinaria de reposición. Sacaranse 480 prazas ao ano ata 2030. En Renfe, tramitar unha taxa adicional de 1.200 contratos repartidos entre distintos colectivos á taxa ordinaria de reposición para reforzar os procedementos operativos e reducir a carga asociada á incerteza e ao erro humano.

- Renfe internalizará o mantemento dalgúns trens e executará o "mantemento integral" dos novos trens de alta velocidade que se adquirirán nunha próxima licitación.

Pola mañá, Renfe cifraba nun 11,6 % a porcentaxe do persoal que estaba a secundar a folga en toda a súa operativa, incluíndo todos os servizos de pasaxeiros e de mercadorías, así como o resto de actividades en talleres. Os paros estaban a provocar cancelacións e atrasos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade