Cargando resultados...
Os sabores do outono son os protagonistas do concurso de petiscos de Ourense
'Pinchos de outono' está organizado pola Unión de Hostaleiros e o Concello
G24.gal
10/11/2021 21:57
Este outono os hostaleiros galegos recuperan a tradición dos concursos de petiscos que se están a desenvolver estes días en moitas vilas e cidades galegas. Tras as restricións na hostalería por mor da pandemia queren volver á normalidade ofrecendo elaboracións diferentes para a clientela e nas que empregan os produtos da tempada como son os cogomelos e as castañas.
Na cidade de Ourense comezan hoxe a décimo terceira edición dos 'Pinchos de outono', organizado pola Unión de Hostaleiros e o Concello.