Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os provedores do automóbil cren que a falta de circuítos integrados seguirá "ata ben entrado 2023"

Os provedores do automóbil cren que a falta de circuítos integrados seguirá "ata ben entrado 2023"

Portilla explicou que o Goberno, concretamente a ministra de Industria, é consciente do problema e "está traballando" na posibilidade de construír unha factoría en España

G24.gal 11/01/2022 10:16

A Asociación de Provedores do Automóbil estima que a crise dos circuítos integrados seguirá "ata ben entrado 2023". O director xeral, José Portilla, explicou no Galicia por diante que hai "dous ou tres fabricantes" en todo o mundo e que construír a maquinaria necesaria para a súa fabricación pode levar varios anos de traballo.

Portilla explicou que o Goberno, concretamente a ministra de Industria, é consciente do problema e "está traballando" na posibilidade de construír unha factoría en España.

Na entrevista, o director de SERNAUTO tamén defendeu que Galicia cumpre todos os requisitos para poder conseguir as axudas europeas do PERTE da automoción. Portilla, que onte se reuniu co vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, explicou hoxe no Galicia por diante que hai competidores moi preparados, pero destacou as características do proxecto galego.

"O peso da industria automobilística galega no conxunto do panorama español é moi relevante. O labor do clúster é moi activo e ademais contan na comunidade autónoma cun centro tecnolóxica de referencia, que é o CTAG. Todos estes puntos poden sumar a que realmente o Auto Áncora poida recibir algún tipo de financiamento".

Dixo confiar, en calquera caso, en que o Goberno actúe con transparencia no proceso para escoller os proxectos a que concederlles as axudas públicas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade