Cargando resultados...
Os profesionais da imaxe persoal reclaman un IVE reducido para os seus negocios
Piden ao Goberno central que inclúa a rebaixa na próxima reforma fiscal
Teñen previstas 40 concentracións ante as sedes do PSOE de toda España
G24.gal
21/03/2022 13:35
O sector da imaxe persoal leva ano e medio reclamando que se lles aplique o IVE reducido do 10 % en lugar do 21 % actual. Este luns levaron as súas protestas ata a sede do PSdeG en Santiago de Compostela.
Din que a pandemia e agora a suba do prezo da electricidade puxeron contra as cordas moitos negocios ; de feito apuntan que nos últimos 18 meses catro de cada dez salóns de peiteado tiveron que pechar definitivamente porque os ingresos mensuais non lles cubrían os gastos fixos.