Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os prezos seguen fóra de control, por Venancio Salcines

Os prezos seguen fóra de control, por Venancio Salcines

G24.gal 19/01/2023 10:52

España sempre foi unha illa enerxética. Esta situación deunos vantaxes e inconvenientes e fixo algo máis, facernos distintos a Europa, diferentes provedores e diferentes vías de subministración. Comprender isto é fundamental para entender por que España é o país desenvolvido con menor inflación e ao mesmo tempo no que máis sobe o custo real da vida. Parece complexo pero non o é tanto.

A factura enerxética en España tivo menos presións que en Europa por unha cuestión moi sinxela, Europa Central dependía do gas ruso; nós, non. Por iso e non por outra cousa a inflación é máis baixa na illa enerxética chamada España; agora ben, se miras as variacións dos prezos deixando fóra os produtos da horta e os enerxéticos, a cousa cambia radicalmente. É máis, de ser os campións de Europa pasamos a ocupar un modesto papel. De feito, a nosa inflación subxacente, que está no 7 %, supera con folgura o 5,2 % de Europa.

Se centramos a nosa ollada nos alimentos elaborados e aqueles que viven alleos ás temporadas climáticas, entón descubrimos que imos preto do vinte por cento, exactamente un 16,4 %. Unha suba que, dende logo, desconcerta e bastante a aqueles que fan diariamente a compra da comida do fogar.

E aquí, de novo outro relato mediático que non coincide coa percepción da sociedade, a rebaixa do IVE de determinados produtos, os básicos, os que tiñan o tipo do 4 %. A sociedade non percibe os cambios, ben porque sendo básicos no son o centro da canastra básica alimenticia, ben porque algunhas cadeas non repercutiron a rebaixa por mor de diferentes cuestións, unha delas é sinxela, porque eles o mercaron con IVE e teñen a necesidade de repercutilo.

A realidade é que a cesta da compra das familias españolas incorpora frecuentemente carne e peixe, compoñentes substanciais das dietas dos fogares, que realmente cifran cantidades máis elevadas que o pan, o queixo e o leite. Unha baixada ou unha redución nestes alimentos si tería un impacto substancial; agora ben, ese camiño parece non estar na ruta elixida pola Moncloa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade