Publicador de contidos
Publicador de contidos

A cesta da compra modérase, pero é un 20 % máis cara ca no 2023

A cesta da compra modérase, pero é un 20 % máis cara ca no 2023

O aceite é a estrela da suba dos prezos tras meses estancado nos 10 euros

As previsións apuntan a que a inflación baixará neste 2024

G24.gal 30/03/2024 14:32 Última actualización 30/03/2024 15:16

Pasar pola caixa do supermercado non é a mellor experiencia. Levamos moito tempo notándoo no noso peto e se facemos unha comparativa co último ano, podemos facer unha listaxe dos produtos que mais encareceron nos últimos doce meses. 

O IPC de marzo subiu catro décimas ata o 3,2 % pero a culpa do ascenso é dos prezos da electricidade e dos carburantes e non dos alimentos, que manteñen a tendencia á moderación dos últimos meses.

Aínda así, os consumidores non ven cambios porque a cesta da compra segue disparada tras máis de dous anos de subas continuadas.

Nin as rebaixas do IVE nin as ofertas dos supermercados alivian o peto dos consumidores. A cesta da compra básica é agora un 20 % máis cara que hai un ano.

O aceite é a estrela da suba dos prezos dos alimentos. Leva cinco meses estancada nos 10 euros e sen trazas de abaratarse a curto prazo.

Os expertos prevén que neste 2024 os prezos poden empezar a controlarse e o contido da cesta da compra poida ir aumentando pouco a pouco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar