Cargando resultados...
Os prezos dos alimentos encareceron case un 16 % en 2022
O que máis subiu foi o azucre, que duplicou o seu prezo
G24.gal
16/01/2023 18:31
Última actualización 16/01/2023 21:59
España empeza 2023 coa inflación máis baixa de toda a zona euro grazas á tregua dos combustibles e da enerxía. Pero cos prezos dos alimentos disparados a máximos históricos.
A cesta da compra encareceu un 15 por cento máis nos últimos doce meses. O Goberno fía a recuperación dos prezos á rebaixa do IVE dos produtos básicos. Pero de momento o impacto da medida é imperceptible.