Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os prezos do peixe e do marisco xa subiron

Os prezos do peixe e do marisco xa subiron

Estamos no momento idóneo de mercar e conxelar se non queremos pagar de máis

G24.gal 30/11/2024 14:37

A centola femia xa está entre os 35 e os 38 euros; os camaróns grandes a 70 e o linguado vai camiño dos 36. Son os prezos que se pagaron hoxe no mercado de Pontevedra. Van subir máis, nas especies máis cobizadas pódense duplicar ou máis.

A un mes escaso da data principal das festas, moitos consideran que é o intre axeitado para mercar e conxelar peixes e mariscos. Garantimos telos a un prezo máis axustado e telo aínda que haxa treboadas. Mesmo hai quen di que se todos fósemos ás vésperas non habería produto para todos.

Na praza de abastos de Pontevedra tamén atopamos os que non teñen espazo dabondo nos arcóns conxeladores, os que son poucos de familia, ou os que queren comer fresco ou lles dá pena conxelar. Eses poderían ver tremer os seus petos o 24 de nadal ou o 31 de decembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar