Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os prezos do marisco, a carne e os lácteos seguen altos esta semana de Nadal

Os prezos do marisco, a carne e os lácteos seguen altos esta semana de Nadal

Atopamos os percebes a 80 ou 90 euros por quilo e as cigalas, a 40 ou 55

As familias empezan a preparar o menú para a Noitevella

G24.gal 27/12/2022 14:00

Superada a resaca da Noiteboa e do Nadal, algúns empezan a preparar o menú para a Noitevella. Os prezos do marisco, da carne e dos lácteos seguen altos durante esta semana, aínda que hoxe atopamos algunha rebaixa no mercado de abastos de Santiago.

Por exemplo, centolas a 20 euros por quilo, un prezo máis baixo que o da semana pasada. Pero a maioría dos produtos mantén o prezo. Atopamos os percebes a 80 ou 90 euros por quilo; as cigalas, a 40 ou 55; a centola, a unha media de 30, e as ameixas, ata a 38.

Non só o marisco, os lácteos tamén subiron. Os queixos andan por dous euros máis por quilo, pero algúns aumentaron aínda máis.

As carnes tampouco se libran da escalada, a pesar de que algúns vendedores intentan que repercuta o menos posible no consumidor. O máis aconsellable é planificar as compras e axustar o menú ao presuposto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade