Os podólogos recomendan non usar chanquetas todo o día
As chinelas sen suxeición a diario provocan patoloxías e sobrecargas
Restrixen o seu uso á piscina, para ir á praia e nos servizos públicos para evitar fungos
Se ao chegar o verán vostede é dos que usa as chanquetas todo o día, saiba que os seus pés se resentirán. Os podólogos advirten que se non teñen suxeición poden sufrir patoloxías e durezas.
Xa se sabe que este calzado é sinónimo de verán e vacacións. Pois ollo, moito andar de chancas pode provocar sobrecargas musculares, fascite, deformidades nas dedas e durezas.
Para evitar lesións, os podólogos restrinxen o uso deste calzado aos servizos públicos contra os fungos, e para camiñar, sempre sandalias ben amarradas. Os podólogos recomendan ademais extremar o coidado dos pés.
E se quere evitar unha multa de tráfico, as chanquetas para conducir, tampouco.