Publicador de contidos

Publicador de contidos

Como podemos protexernos do lume?

Como podemos protexernos do lume?

Máscaras FP2, fiestras pechadas e aire acondicionado poden reducir o impacto do fume

G24.gal 15/08/2025 20:07

O fume tamén afecta a nosa saúde. Mesmo se estamos sans. Os pneumólogos recoméndannos empregar máscaras FP2 tentar evitar a exposición sobre todo dos máis vulnerables como cativos, anciáns, enfermos ou embarazadas.

Pechar as casas e empregar o aire acondicionado se o temos son xeitos de reducir o impacto do fume no aparato respiratorio. A evitación é o mellor remedio se nolo podemos permitir.

Logo da inxesta pouco podemos facer nas casas. Nos casos máis graves requírese tratamento hospitalario con broncodilatadores e osíxeno e mesmo antibióticos ou corticoides.

O fume é tóxico e irritante; pódenos provocar mareos, falta de aire e sensación de non poder respirar; porque nós tamén formamos parte desa natureza que tanto está a sufrir estes días.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade