Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os piquetes pecharon os accesos a Navantia Ferrol na folga do metal da Coruña

Os piquetes pecharon os accesos a Navantia Ferrol na folga do metal da Coruña

As protestas deste martes enmárcanse na primeira xornada de folga na provincia, das tres que hai convocadas, con accións previstas tamén na Coruña e Santiago de Compostela para presionar na negociación do convenio colectivo 

Os sindicatos coruñeses cualifican de exitoso o paro 

Un milleiro de manifestantes en Vigo, convocados pola CIG, continúan coas protestas contra o convenio do metal de Pontevedra malia o acordo entre patronal e UXT e CCOO

Piquetes na entrada de Navantia en Ferrol. EFE/Kiko Delgado.
G24.gal 19/05/2026 09:52

Os accesos ao estaleiro de Navantia Ferrol amenceron este martes blindados polos piquetes pola convocatoria de folga realizada polos sindicatos CIG, CC.OO. e UXT no sector do metal na provincia da Coruña, e que só permitiron o acceso ao persoal de servizos mínimos, concretamente, aos equipos de prevención.

"Non deixamos entrar a ninguén", asegurou a Europa Press un portavoz dos piquetes. "Algúns achéganse preguntar, pero nada", engadiu o mesmo portavoz.

Os piquetes mantiveron unha vixilancia constante no acceso, onde incluso se lanzaron algunhas bombas de palenque.

A de este martes foi a primeira das tres xornadas de folga do metal na provincia da Coruña, con manifestacións dos traballadores na cidade herculina e tamén en Santiago e Ferrol. 

Segundo os sindicatos, esta primeira xornada de paro foi todo un éxito, sen actividade no sector nos polígonos industriais de Santiago, A Coruña e Ferrol.

"Fomos quen de pechar todas as empresas. Non abriu ningunha" di Eduardo Caamaño secretario comarcar CIG Industria da Coruña

Sobre a mesa, a reclamación dun salario xusto cunha suba do 5 por cento.

"Tal como está o IPC creo que é o razoable para que a xente non perda poder adquisitivo e que a revisión salarial sexa dende o 1 de xaneiro", manifestou Benedicto Blanco, secretario comarcal de CIG- Industria na comarca de Santiago. 

Denuncian que a patronal pretende un convenio á baixa. 

O que temos no convenio é noso. Non nolo poden quitar. Cando estamos de baixa temos tres días que os complementa a empresa, unha mellora que non está no estatuto dos traballadores e iso quérennolo quitar, afirma Benedicto Blanco.

Quéixanse de que a patronal non negocia. Convocadas novas xornadas de paro para os días 26 e 27 de maio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade