Cargando resultados...
Os paus impiden a vitoria de Uruguai ante Corea do Sur (0-0)
Cuarto empate sen goles no Mundial

G24.gal
24/11/2022 15:57
Última actualización 24/11/2022 19:14
Uruguai non puido pasar do 0-0 na súa estrea en Qatar 2022 contra Corea do Sur, nun partido correspondente ao Grupo H e no que os de Diego Alonso non puideron impoñer o seu fútbol ante un conxunto asiático que mostrou boa imaxe e mesmo fixo máis méritos para levar os tres puntos.
Con todo, non transformou en perigo real as súas chegadas e foi Uruguai a que contou con dous balóns aos paus: un cabezazo de Diego Godín no minuto 44 e un disparo desde fóra da área de Fede Valverde no 88.
🦅 ¡EL PICOTAZO DEL HALCÓN!
— Gol Mundial (@Gol) November 24, 2022
🚀 Qué cañón tiene @fedeevalverde en su pierna derecha #GolMundial pic.twitter.com/Du7StfBsWe