Publicador de contidos

Publicador de contidos

Croacia convértese na terceira mellor selección do mundo (2-1)

Croacia convértese na terceira mellor selección do mundo (2-1)

Croacia leva o encontro ante Marrocos nun partido moi igualado no que puido ser campión calquera

Gvardiol, Orsic e Achraf Dari foron os encargados de anotar os tantos do encontro

G24.gal 17/12/2022 17:54

Croacia levou o terceiro e cuarto posto nun encontro moi igualado. Gvardiol adiantou os croatas no minuto 7, mais a súa alegría non duraría moito, xa que dous minutos despois Marrocos poría ás táboas no encontro por medio de Achraf Dari

A selección croata intentouno durante toda a primeira parte e obtivo recompensa ao final cun espectacular tiro de Mislav Orsic, que entrou pegando na parte superior do poste dereito, poñendo o 2-1 definitivo no marcador.

Segunda metade

A segunda metade non se caracterizou por un gran número de ocasións, mais a selección marroquí estivo a piques de mandar o encontro á prórroga cunha boa ocasión, que detivo Livakovic, e cun excelente remate de cabeza de En-Nesyri que se foi por moi pouco por riba da portería defendida polo gardameta croata.

O orgullo de África

Marrocos despídese, deste xeito, coa cabeza ben alta deste Mundial de Qatar, alcanzando, non soamente a súa mellor posición, senón o mellor posto dunha selección africana nunha Copa do Mundo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos