Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arxentina alza a súa terceira Copa do Mundo en Qatar 3(4)-(2)3

Arxentina alza a súa terceira Copa do Mundo en Qatar 3(4)-(2)3

Leo Messi logra o seu ansiado Mundial e convértese no xogador con máis partidos disputados nunha Copa do Mundo

O propio Messi, en dúas ocasións, Di María e Mbappé, cun hat-trick, foron os encargados de anotar os tantos dun encontro que parecía sentenciado ata o minuto 80

Messi alza a terceira Copa do Mundo da Arxentina 36 anos despois (EFE) Messi alza a terceira Copa do Mundo da Arxentina 36 anos despois (EFE)
G24.gal 18/12/2022 16:58

Arxentina toca a gloria e consegue a súa terceira Copa do Mundo 36 anos despois. Leo Messi, cun doblete, Di María e Mbappé, en tres ocasións, foron os encargados de anotar os tantos dun encontro que pasará á historia por ser o primeiro Mundial que gaña o astro arxentino. O partido resolveuse nos penaltis, onde Arxentina anotou 4 e Francia 2.

A selección francesa saíu ao partido coa mesma estratexia que tan ben lle fora na semifinal contra Marrocos. Unha formulación defensiva, co equipo ben organizado e cedéndolle a posesión do esférico a Arxentina. 

Leo Messi anotou o primeiro tanto, tras un polémico penalti a Di María. O segundo gol viría 13 minutos despois, no 36. Di María, a pase de Mac Allister, sería o encargado de culminar unha rápida contra, poñendo o 2-0 no marcador e evidenciando o claro dominio da albiceleste.

Minutos finais de escándalo

Na segunda metade, Francia optou por unha táctica diferente. O dominio pasou polos franceses e, en tan só dous minutos, empatou o partido cun dobrete de Mbappé no 80 e no 81.

Leo Messi gaña o seu primeiro Mundial e devolve a gloria a Arxentina máis de tres décadas despois. Con 26 aparicións, toma o relevo de Lothar Matthäus para converterse no xogador con máis partidos disputados nun Mundial. A pesar do seu dobrete na final, non se puido proclamar como o máximo goleador da competición, un premio que quedou para Mbappé, con 8 tantos anotados ao longo desta Copa do Mundo.

Messi consegue o seu primeiro Mundial (EFE) Messi consegue o seu primeiro Mundial (EFE)

Julián Álvarez, a revelación do Mundial

Con 4 goles e sendo un xogador chave dentro do esquema de Scaloni durante toda a competición, o dianteiro do Manchester City converteuse na gran revelación deste Mundial de Qatar.

O 'virus do camelo'

Nos días previos ao encontro, saltaba a alarma na selección francesa, pois cinco dos seus xogadores estiveron afectados polo coñecido como 'virus do camelo': Rabiot, Upamecano, Coman, Varane e Konaté. Os seus principais síntomas son dificultade respiratoria, febre e tose.

Non obstante, todos os xogadores afectados lograron recuperarse e puideron estar presentes na final fronte Arxentina, permitíndolle a Didier Deschamps dispoñer do seu once de gala.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade