Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous galegos lideran a preparación física de Marrocos

Dous galegos lideran a preparación física de Marrocos

Edu Domínguez e Juan Solla son os preparadores físicos da revelación do Mundial 

G24.gal 16/12/2022 12:23 Última actualización 16/12/2022 12:33

Hai dous galegos no equipo revelación do Mundial de Qatar 2022. Son Edu Domínguez e Juan Solla, que se atopan en Doha como parte do corpo técnico de Marrocos.

Tras pasaren por equipos como o Español, a Real Sociedade, o Deportivo, o Spartak de Moscova, o Mallorca, o Vilarreal e o Sporting de Xixón, entre outros, Edu Domínguez, que anteriormente traballara con Lotina, Karpin e Luis García Praza, é o preparador físico ao servizo do seleccionador Walid Regragui. Dimitiu no citado Sporting ao termo do pasado curso cando tiña un ano máis de contrato, e apenas semanas máis tarde recibiu a proposta da federación marroquí.

Edu: "Xogar tantos partidos con tanta carga emocional en pouco tempo esgota moitísimo".

En canto a Juan Solla, asistente e preparador físico que no seu día acompañou a Xavi Gracia en equipos como o Valencia, o Watford ou o Al Sadd, foi recomendado polo propio Edu Domínguez para cumprir coas mencionadas funcións preto de Regragui. Tanto un coma o outro teñen moito que ver co bo rendemento de Marrocos no que vai de torneo, porque a ninguén lle escapa que é un equipo moi ben confeccionado en que o aspecto físico está coidado ao máis mínimo detalle.

Juan: "Tanto física como mentalmente, o estrés pasa factura".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos