Publicador de contidos
Publicador de contidos

"Que miras, bobo?", unha frase con historia en Galicia

"Que miras, bobo?", unha frase con historia en Galicia

Máis de catro centos anos entre a icónica frase que une o astro arxentino cun canteiro lucense con moita retranca

Paula Álvarez 20/12/2022 18:33

A frase "Que miras, bobo?", pronunciada por Leo Messi, converteuse nunha das máis icónicas do mundial de Qatar.

O que non imaxinaba o xogador arxentino é que, curiosamente, esas mesmas verbas levan gravadas dende hai máis de 400 anos nunha pedra do mosteiro de Samos. 

O gravado atribúese a Pedro Rodrigues, canteiro e troll de Monforte de Lemos. Na restauración deste mosteiro, levada a cabo no século XVI, Rodrigues ou algún dos seus canteiros decidiu deixar esa mensaxe: "Que miras, bobo?".

Eles fixérono como xeito de burla para os visitantes e monxes que mirasen para apreciar as nervaduras da fermosa bóveda de crucería do mosteiro de Samos.

Agora, esa mesma frase pronunciada hai uns días por Messi viralízase rapidamente a través das redes sociais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar