Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os participantes na Peregrinación Europea da Xuventude pasan polo Pórtico da Vocación

Os participantes na Peregrinación Europea da Xuventude pasan polo Pórtico da Vocación

Gozaron da xornada inaugural malia a demora polos problemas técnicos 

Interpelan a súa vocación relixiosa con actividades e os simbolismos do Pórtico da Gloria

As actuacións musicais suspendidas vanse reprogramar nun novo escenario

Suspenden os concertos da Peregrinación Europea de Mozos tras a derruba do teito do escenario

G24.gal 04/08/2022 15:11 Última actualización 04/08/2022 16:29

Os participantes na Peregrinación Europea da Xuventude tiñan aínda moi presente hoxe a experiencia do acto inaugural de onte. Din que a vivencia foi positiva pese á calor e a demora por problemas técnicos. Hoxe xa lles toca entrar de cheo nas actividades por grupos, moitas delas descoñecidas para eles, pero valoran o efecto sorpresa. 

Practicamente todos irán a San Martiño Pinario para pasar polo Pórtico das Vocacións, unha proposta que os organizadores consideran a actividade central da Peregrinación Europea da Xuventude. O percorrido de hora e media inclúe actividades concibidas arredor dos simbolismos xacobeos, como o abrazo ao Apóstolo ou visionado dun audiovisual no que o propio Mestre Mateo explica a obra representada no Pórtico da Gloria. Remata co paso polo labirinto das múltiples organizacións católicas nas que poderían materializar a súa potencial vocación relixiosa. 

Máis aló do cuestionamento vocacional, o que moitos agardan e que chegue a noite para gozar dos concertos aprazados na xornada inaugural porque o vento tirou un elemento do escenario. Por seguridade decidiron suspendelo e reprogramar todas as actuacións musicais previstas no aparcamento de Salgueiriños, lonxe do centro monumental. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos