Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os pacientes da área sanitaria de Vigo poden escoller desde hoxe hospital de referencia

Os pacientes da área sanitaria de Vigo poden escoller desde hoxe hospital de referencia

Os beneficiarios teñen 30 días naturais de prazo para elixir entre o Complexo Hospitalario de Vigo ou o Hospital Povisa

As solicitudes poden presentarse no centro de saúde, no servizo de admisión do hospital ou a través de Internet

G24.gal 01/10/2024 08:31 Última actualización 01/10/2024 08:51

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a resolución pola que se procede á apertura dun período de elección de provisor de asistencia sanitaria especializada na área sanitaria de Vigo.

Así, o Servizo Galego de Saúde garante que os pacientes poidan elixir o seu centro hospitalario de referencia e opten entre o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo ou o Hospital Povisa.

Terán a posibilidade de exercer o seu dereito á libre elección os doentes dos centros de saúde dos concellos de Cangas, Moaña, Baiona, Nigrán, Gondomar e tamén aqueles adscritos aos centros de saúde de Coia, Bouzas, Coruxo, Navia, López Moura, Pintor Colmeiro, Nicolás Peña, Rosalía e Beiramar do concello de Vigo.

Dispoñen de 30 días naturais para presentar as solicitudes, que empezan a contar desde este martes.

Deberán entregar cuberta a solicitude, que poden descargar na páxina web do Sergas, xunto ao documento identificativo do solicitante (DNI, tarxeta de identidade de estranxeiro (TIE) ou pasaporte). Se a petición a presenta un titor ou titora legal ou outra persoa autorizada, deberá achegarse tamén unha fotocopia do documento identificativo do solicitante e un documento que acredite a titoría legal ou a autorización específica da persoa interesada.

A solicitude presentarase no centro de saúde que, por razón de residencia, lle corresponda á persoa interesada, ou nos servizos de admisión de calquera dos centros hospitalarios integrados na área sanitaria de Vigo. Tamén será posible efectuar a opción de cambio a través de Internet.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade