Os PAC do Sergas terán unha farmacia de garda a menos de 15 minutos
O decreto pretende garantir o acceso fácil e rápido á obtención dos medicamentos e produtos farmacolóxicos

O Goberno galego aprobou este xoves o decreto que obriga a dar cobertura a dar cobertura aos Puntos de Atención Continuada do Servizo Galego de Saúde, establecendo o acceso á unha farmacia de garda ubicada a menos de 15 quilómetros ou a 15 minutos da súa localización.
O decreto pretende a través da rede básica do servizo farmacéutico de urxencia, "garantir o acceso fácil e rápido á obtención dos medicamentos e produtos farmacolóxicos".
Os servizos de garda que sexan atendidos por quendas realizaranse coa presenza física de, polo menos, un profesional farmacéutico.
Co obxectivo de optimizar a cobertura da rede de atención farmacéutica estabécese unha xornada mínima de atención ao público de 38,5 horas semanais. O decreto establece que durante os períodos de vacacións deberán permanecer abertas polo menos o 50 % das oficinas de cada zona farmacéutica, a excepción das zonas rurais con menos de seis farmacias, onde non se terá en conta esta porcentaxe.