Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os operadores turísticos prevén que o turismo medre en Galicia un 4,8 por cento

Os operadores turísticos prevén que o turismo medre en Galicia un 4,8 por cento

España perfílase coma refuxio turístico ante a inestabilidade mundial pola guerra en Oriente Medio

En Galicia, a estas alturas xa hai moitas reservas para o mes de agosto, un mes que sempre é forte pero este ano conta cun novo atractivo, a eclipse solar

 

G24.gal 09/04/2026 14:42

Galicia afiánzase como destino seguro, aquí chegarán unha parte deses viaxeiros desviados de Oriente Medio e a súa área de influencia.

"Se veñen a España parte desa tarta tamén lle toque a Galicia", explica Cesáreo Pardal, do Clúster de Turismo de Galicia.

As previsións é que na nosa comunidade o turismo medre un 4,8 por cento. E xa se nota nas reservas.

"O mes de agosto hai xa case un 50 por cento das reservas", engade Pardal.

Este ano un dos atractivos será a eclipse de agosto, que será totalmente visible desde a nosa comunidade. 

 "As compañías están dando outros aeroportos alternativos e o viaxeiro sempre chega a destino", explica Javo Orejas, director dunha axencia de viaxes en Lugo.

O turismo subirá non só cos de fóra, tamén cos de aquí que viaxaran menos ao exterior.

 "Prefiro non sair"; di un home, outro comenta: "Se pode ser dentro de Galicia mellor, temos sitios extraordinarios sen ter que ir fóra".

Aínda que preocupa a suba do prezo dos custos, sobre todo do gasóleo, España será destino refuxio e prevese que a actividade turística medrará máis dun 2 por cento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade