Os ocupas fan un enganche ao poste da luz e deixan sen subministración o barrio vigués do Cabral
Pasaron todo un día ás escuras na rúa polo enganche ilegal da casa ocupada
Os veciños das Fontiñas din estar fartos dunha situación que padecen dende hai ano e medio
Continúan as situacións de inseguridade e insalubridade neste barrio vigués
Veciños do barrio do Cabral, en Vigo, estiveron toda unha xornada sen luz na rúa. Din que os ocupantes dunha casa ocupada fixeron un enganche ilegal ao poste e quedaron sen iluminación pública.
Case vinte horas de apagamento na rúa Fontiñas de Arriba.
Medo e inseguridade que teñen dende hai ano e medio. O último episodio foi o roubo nunha vivenda. Os veciños temen que controlen os seus movementos.
Cada día, tamén cada noite, sofren os ruídos que saen da vivenda. Preocupados tamén pola insalubridade nas vivendas do lado, tamén nas zonas comúns como o lavadoiro.
Os veciños confían en que un xulgado ordene canto antes a desocupación desta vivenda. Piden unha resposta urxente por parte das autoridades.