Os náufragos do Arlanda agardan na Coruña a súa repatriación
Os náufragos do Arlanda agardan na Coruña a súa repatriación
O barco pesqueiro afundiuse a unhas 100 millas de distancia da costa
Lembran o susto do momento e agradecen os apoios recibidos
Abandonados pola armadora despois de ir a pique o barco en que pescaban. Esa é a lamentable situación en que se atopa a tripulación do Arlanda, o pesqueiro británico que naufragou o sábado pasado a unhas cen millas da Coruña. Agora agardan ser repatriados por unha institución benéfica.
Foi unha experiencia traumática a que viviron catro homes africanos a bordo dese pequeno pesqueiro. Tres nixerianos e o capitán ganés que fala castelán. Dous deles hoxe atendéronnos e falaron do que sen dúbida foi un dos peores momentos das súas vidas.
Aínda se emocionaban lembrando o rescate que lles salvou as vidas. Agora o que máis desexan, a pesar de que aseguran que os están a tratar moi ben aquí, é regresar aos seus países e aos seus fogares.
Saíran de Irlanda a bordo dun pesqueiro que o armador quería utilizar en Nixeria. Pero as condicións do barco eran pésimas dende case o comezo e foise anegando cada vez máis.
O capitán podería regresar mañá a Ghana, mentres os outros tres tripulantes deberán agardar a que o proceso de repatriación continúe o seu curso.