Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os namorados celebran o seu día

Os namorados celebran o seu día

O regalo máis común en San Valentín son as flores 

As rosas vermellas son as estrelas
G24.gal 14/02/2022 21:34

Quen máis quen menos sabe, ou lle fan saber, a importancia dun día coma hoxe. San Valentín, Día dos Namorados, día para celebrar todo os amores diversos, quen así os sinta. As flores seguen a ser o agasallo máis socorrido, pero tamén é un día grande para os restaurantes.

Antes, durante ou despois da cea, ten que aparecer na mesa unha flor. A raíña dos agasallos nesta tradición á que se entregan as namoradas e namorados. Sobre todo, namorados, porque a maioría son homes os que pasan pola florería. As mulleres tamén cumpren co ritual, aínda que seus amores sexan repartidos.A rosa vermella é a estrela dos ramos aínda que os profesionais convidan a ampliar o abano de posibilidades.  

A tradición arranca no século segundo, coa morte de San Valentín, sacerdote católico que  foi lapidado tal día coma hoxe por casar de xeito clandestino namorados en idade militar, feito prohibido pola lei romana. Na súa honra os namorados entréganse agora a unha paixón sen leis.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade