Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os maiores de 80 anos reciben xuntas a vacina da covid e a da gripe

Os maiores de 80 anos reciben xuntas a vacina da covid e a da gripe

Ambas as vacinas poderán administrarse nun mesmo acto

Desde o 29 de novembro, as persoas para vacinar serán o resto da poboación diana

Unha muller recibe a vacina da gripe
G24.gal 25/10/2021 08:46

Galicia comeza hoxe a inmunización simultánea contra a covid-19 e a gripe en persoas maiores de 80 anos. No momento en que vaian recibir a vacina de reforzo da covid-19 ofreceráselles de maneira simultánea a vacina antigripal.

Neste sentido, ambas as vacinas poderán administrarse nun mesmo acto, aínda que en lugares anatómicos diferentes. 

O Sergas calcula que na segunda quincena de novembro moitos galegos menores de 80 anos terán feitos os seis meses de cadencia entre doses e poderán poñer a terceira.

Por iso, o conselleiro de Sanidade dixo que estuda reabrir os centros de vacinación masiva na Cidade da Cultura e nos centros de exposicións das cidades.

O 15 de novembro vacinaranse as persoas de 60 a 64 anos, persoas menores de 60 con patoloxías de risco, embarazadas e puerperio, prematuros de seis meses a dous anos, persoal de servizos esenciais, persoal de exposición laboral e, ademais, o persoal das oficinas de farmacia.

Desde o 29 de novembro as persoas para vacinar serán o resto da poboación diana e conviventes de persoas de risco.

A Consellería de Sanidade lembra que as persoas que pertenzan á poboación diana da gripe, e teñan menos de 80 anos, poderán solicitar a súa cita de vacinación a través da web e as aplicacións do Sergas, no seu centro de saúde, ou mediante unha chamada telefónica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade