Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os maiores de 60 anos poden solicitar estadías en balnearios galegos a prezos reducidos

Os maiores de 60 anos poden solicitar estadías en balnearios galegos a prezos reducidos

Os interesados poden inscribirse xa a partir do próximo martes

As estancias son de dez días en réxime de pensión completa en 15 balnearios e establecementos termais adheridos 

Este ano tamén se ofertan prazas durante o verán

G24.gal 15/06/2024 21:21

Os maiores de sesenta anos poderán ir dez días de balneario entre xullo e decembro cun prezo reducido. A Xunta asume ata o 45 por cento do custo do seu aloxamento, en réxime de pensión completa. O prazo para presentar as solicitudes comeza esta semana, despois da publicación da convocatoría este luns, no Diario Oficial de Galicia

 "O vindeiro martes, abrimos un novo período de inscrición para esta décima edición de Benestar en Balnearios". "Comprende estadías de dez días en réxime de pensión completa, en 15 establecementos da nosa comunidade". "Un ano máis, vimos de incrementar as prazas ata as 1.246, que poñemos a disposición de todas as persoas maiores de sesenta anos", afirma Fabiola García, conselleira de Política Social e Igualdade.


O Goberno galego destina 300.000 euros a este programa de Benestar en Balnearios.  
 

"Agardamos, conselleira que con iniciativas coma esta, beneficiosas para as nosas empresas, pero tamén para a cidadanía galega e para os concellos, sigamos a manter o liderado de Galicia no sector termal español", di Marisol Espiño, presidenta da Asociación de Balnearios de Galicia.


Precisamente este sábado concluíu en Guitiriz a xuntanza anual de Vilas Termais de toda España, unha rede creada para impulsar o desenvolvemento socioeconómico das localidades que teñen augas minerais e termais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar