Ferrol entrégase co Uni na festa de presentación
O Uni Ferrol celebra o comezo de tempada cunha Alameda do Cantón ateigada
Lino López: "É importante o que se está a xerar na cidade"
5 caras novas no cadro de xogadoras do equipo ferrolán
Despois dunha tempada histórica, na que o Uni Ferrol chegou á final da Euro Cup Woman, este ano, o conxunto da cidade departamental afronta un novo curso con ilusión. Os froitos do acadado na 24 – 25 reflectíronse na festa de presentación que se celebrou na Alameda do Cantón, ateigada de seareiros.
Non hai dúbidas de que a masa social do club medrou dende a pasada tempada, algo clave para o adestrador Lino López. Pero tamén houbo trocos no deportivo, xa que o cadro de xogadoras renovouse e conta con 5 caras novas; Karla Erjavec, Ine Joris, Begoña De Santiago, Karolina Šotolová e Dalayah Daniels.