Publicador de contidos
Publicador de contidos

Profesionais de atención primaria reclaman contratos estables para atraer residentes

Profesionais de atención primaria reclaman contratos estables para atraer residentes

Dende a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria denuncian xornadas "agoniantes" en atención primaria

Na véspera do día Internacional da especialidade reclaman máis peso da medicina de familia na universidade

G24.gal 18/05/2024 20:38 Última actualización 18/05/2024 20:56

Dende a Asociación Galega de Medicina Familiar aseguran que teñen unha carga excesiva de traballo, con cupos de pacientes moi amplos.

"É agoniante porque non temos médicos, a falta de médicos é moi grande e estamos saturados. Un cupo ideal sería entre 1200, 1250 usuarios. Eu neste momento teño un cupo de 1620 pacientes", di Ana Castaño Carou, vogal de docencia da Asociación Galega de Medicina Familiar.

Quéixanse de falta de tempo para atender a cada paciente. Aseguran que cunha poboación maior e con doenzas crónicas, dez minutos de consulta non chegan.

"É certo que unha media de dez minutos nunha cota tan grande é moi insuficiente, sobre todo se temos moitos usuarios maiores, ou moitos usuarios con enfermidades crónicas, porque esixen pararte en detalle", relata Ana Castaño.

Ante a carencia de médicos de familia, propoñen mellorar as condicións laborais para que os residentes, que se forman neste momento en atención primaria elixan esta especialidade.

"Con contratos con maior estabilidade, cun soldo digno sería fundamental.  Evitar que marchen para outros postos de traballo fóra da atención primaria, nos que son mellor pagados, con contratos mais estables e mellores condicións", explica Ana Castaño.

Reclaman tamén, maior peso da medicina de familia nas universidades, con materias no temario impartidas por profesores con esta especialidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade