Rematado o curso, volven as ringleiras de estudantes para alugar un piso
Superados os exames, o que toca agora para os universitarios é buscar e alugar o novo piso para o vindeiro ano
A misión non é nada fácil, por iso hoxe, ás portas das inmobiliarias de Santiago, ringleiras e ringleiras de estudantes pasaron a noite para ser dos primeiros en reservar
É unha das imaxes máis habituais deste primeiro de xullo en moitas cidades universitarias. Ringleiras de estudantes que pasan a noite na rúa na procura dun piso de alugueiro para o ano que vén. Moitos mozos e mozas o primeiro que fixeron tras rematar a mudanza foi poñerse á cola.
Moitos prefiren achegarse ata a inmobiliaria porque queren ver o piso. E sobre todo que non se vaia moito de prezo. É dicir, para catro persoas buscan sobre un piso que rolde os 1.000 ou 1.200 euros. É dicir, 300 euros por persoa.
E así quedan anotados nunha lista de agarda e a probar sorte ata que saían este xoves ao mercado, xa que moitos entregarán as chaves nos vindeiros días. As familias tamén acompañaron neste primeiro día.
"Eu o que quero é vivir nun lugar decente e xa me chega".
Son as palabras dunha estudante. E, coma ela, milleiros de universitarios buscan un alugueiro accesible e cunhas condicións mínimas de habitabilidade.