Publicador de contidos

Publicador de contidos

España recibiu 36,8 millóns de turistas ata maio, un 5 % máis ca hai un ano

España recibiu 36,8 millóns de turistas ata maio, un 5 % máis ca hai un ano

O gasto dos visitantes internacionais medrou un 7,8 % e superou os 50.250 millóns de euros, a cifra máis alta para este período

Francisco J. Olmo / Europa Press Francisco J. Olmo / Europa Press
G24.gal 02/07/2026 09:28

España recibiu 36,8 millóns de turistas internacionais entre xaneiro e maio, un 5% máis ca no mesmo período de 2025, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Trátase da mellor cifra rexistrada para eses cinco priemeiros meses do ano. 

O gasto dos visitantes tamén marcou un novo máximo histórico ao alcanzar os 50.257 millóns de euros, un 7,8 % máis ca un ano antes. O Ministerio de Industria e Turismo destaca que o gasto continúa medrando por riba do ritmo de chegada de turistas.

O Reino Unido mantívose como principal mercado emisor, con máis de sete millóns de visitantes, seguido de Francia e Alemaña. Cataluña foi a comunidade autónoma que recibiu máis turistas, por diante de Canarias e Andalucía, mentres que Canarias liderou o gasto turístico. 

Só no mes de maio chegaron a España 10,3 millóns de turistas internacionais, un 9,5 % máis ca no mesmo mes de 2025, cun gasto total de 13.553 millóns de euros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade