Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os lumes seguen queimando montes de Castela e León, Navarra e Valencia

Os lumes seguen queimando montes de Castela e León, Navarra e Valencia

Todos os incendios forestais están controlados ou estabilizados

O emprego de avións e helicópteros permitiu controlar os incendios máis perigosos
G24.gal 07/09/2025 19:54 Última actualización 07/09/2025 20:02

Fóra de Galicia, a comunidade de Castela e León é, outra semana, a máis prexudicada polos incendios forestais, aínda que ningún deles supón perigo para vivendas ou persoas. Tamén hai lumes nos montes de Navarra e Valencia.

En Navarra, o lume queimou prados con herba seca e varios piñeirais. A presenza de nove avións e helicópteros permitiu controlar o lume rapidamente. Os efectivos antiincendios vixían e refrescan a zona.

A comunidade máis prexudicada 

Canto a Castela e León, o lume máis perigoso é o de Castromil, entre Zamora e Ourense. O control das lapas permitiu que os veciños evacuados volveran ás súas casas. Na comunidade castelano-leonesa hai outros cinco incendios, activos pero sen riscos, en León e Segovia.

Outro lume que foi estabilizado este domingo afecta a montes da localidade valenciana de Oliva.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade