Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os irmáns Williams conducen o Athletic á final de Copa

Os irmáns Williams conducen o Athletic á final de Copa

Borraron do partido un Atlético que acabou perdendo por 3-0

Os dous irmáns asociáronse nos dous primeiros goles

G24.gal 29/02/2024 23:18

O Athletic é o segundo equipo máis laureado na historia da Copa, pero o último título celebrouno hai corenta anos (1984). Dez anos despois nacía Iñaki Williams, e para ver o seu irmán Nico habería que agardar ata o 2002. A parella de irmáns xogou un papel decisivo na vitoria por 3-0 ante do Atlético de Madrid na volta das semifinais, e o Athletic terá a oportunidade de lograr un título moi agardado. 

Traían un gol de vantaxe do Metropolitano pero ben cedo Iñaki cazou unha bolea a centro do seu irmán para poñer o primeiro gol. 

No segundo trocaron os papeis. Foi Iñaki o que asistiu e Nico o que anotou o 2-0. 

E aínda habería un terceiro marcado por Guruzeta xa no segundo tempo. O Atlético de Simeone, diante da grande oportunidade para chegar a unha final, non compareceu en San Mamés. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos