Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os inmunólogos advirten da importancia de vacinar canto antes os maiores de 85 anos

Os inmunólogos advirten da importancia de vacinar canto antes os maiores de 85 anos

Entre queixas dos usuarios, o uso de grandes recintos nesta faixa de idade rebaixou a adherencia ao 65 %

O Sergas chama á tranquilidade e confía na repesca para igualar os datos de anteriores convocatorias

G24.gal 11/10/2022 14:47

Desde aldeas de Vedra, Outes, Touro, Lousame ou Arzúa. Persoas de máis de 85 conflúen estes días na Cidade da Cultura de Santiago. Moitos fan uso das cadeiras de rodas que ofrece a organización para percorrer a distancia ata a sala das vacinas.

Os grandes recintos de cada área sanitaria son os que centralizan a vacinación dos maiores de 80 que ata agora se resolvía nos PAC comarcais. E decisión causa discrepancias e algunha incomodidade. Moitos usaurios apelan a idade avanzada dos que deben vacinarse e ás súas dificultades para desprazarse. De entrada, a afluencia está sendo menor: 65 puntos de adherencia fronte aos máis de 95 da terceira dose.

Iso causou inquedanza entre os inmunólogos, que lle piden á poboación un esforzo.

 "Vexo que se está creando ruído e polémica polos lugares de vacinación e non pode ser que isto nos afaste do importante. A vacina chega a contagotas e require un esforzo loxístico que fai que os grandes centros sexan o lugar idóneo. Pídolles aos familiares que fagan un esforzo para inmunizar os maiores canto antes", di Xosé Gómez Rial, inmunólogo do CHUS.

A vacina bivalente protexe contra ómicron e é imprescindible para os sistemas inmunes das persoas maiores, que precisan deste reforzo para que a covid non lles dea con forza.

Desde a Consellería envían unha mensaxe de tranquilidade.

"Calculamos que a finais desta semana e comezos da que vén comezaremos con esa repesca, porque xa sabemos quen foi a centros masivos e a quen temos que completar nos seus centros habituais. A mensaxe é de tranquilidade, non vai quedar ningún galego sen a súa dose de vacina, sempre que queira, por suposto", explicou Xulio García Comesaña, conselleiro de Sanidade".

Nas últimas horas habilitáronse estas carpas, onde os que teñan máis problemas de mobilidade poden vacinarse ao quente e desde o coche.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade